TELÉFONO PROTECCIÓN Á INFANCIA

*(Texto copiado da páxina de Política Social da Xunta de Galicia)


Liña de axuda á Infancia: 116 111

A liña de axuda á infancia é un servizo para todos os nenos e nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, necesiten axuda ou queiran falar sobre os problemas que lles afectan.


Tamén poden chamar todas aquelas persoas que saiban ou sospeiten que algún neno ou nena poe estar a ser maltratado ou que non está a ser correctamente atendido.

É unha liña gratuíta que funciona durante todo o ano, as 24 horas do día, e o seu número é o 116 111. Neste teléfono atoparase sempre un profesional a disposición dos nenos e nenas, que buscarán a mellor solución para cada caso.



Se és un neno, nena ou adolescente, lembra:
  • Non permitas que ninguén te golpee.
  • Non aceptes invitacións a participar en actividades sexuais.
  • Non deixes que ningunha persoa, da familia ou allea, teña por norma desprazarte ou insultarte.
  • Tés dereito a ir á escola e ninguén pode obrigarte a traballar coma un adulto.
  • Non hai persoa no mundo que teña dereito a maltratar a un neno. Non permitas que a tí che pase. Lembra  que no 116 111 hai a todas horas un profesional que está da túa parte porque tés dereito.


No hay comentarios: