ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


NOTA: Para anotarse nas actividades, é necesario ser socio  da ANPA* E ESTAR AO DÍA NO PAGO DAS CUOTAS.

           *CUOTA ANUAL ANPA: 15€/familia

Os pagos das extraescolares faranse aos monitores.

  

NORMAS E RECOMENDACIÓNS PARA A ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES curso 2022-2023

A asistencia ás actividades de tarde é voluntaria e ademáis recomendable, sempre que se dosifique oportunamente tendo en conta a idade dos nen@s e as súas aptitudes e intereses.

2º Os pais dos nen@s que asistan ás actividades extraescolares deberán estar sempre localizables por teléfono. Deixaranse e recolleranse @s nen@s pola porta principal do colexio, na que haberá unha profesora de garda.

Non se pode comer nin beber durante as actividades extraescolares. As merendas deberán reservarse para despois destas actividades.

O horario de actividades extraescolares para o curso 2022-2023 é de 16:15 a 17:15. No caso de que algún nen@ deba saír habitualmente antes da hora, deberá traer unha autorización firmada polos pais e entregala o titor/a. Cando un nen@ teña que saír algún día antes das 17:15, deberá vir buscalo a persoa responsable e firmar unha autorización de saída igual que se fai durante a xornada escolar.

Non se pode ir a actividades nas que non se estea anotado, xa que se interrompe e provócase distraccións nos compañeir@s.

Os alumn@s que non veñan ás actividades da tarde non poderán utilizar as instalacións do centro (Aulas, patios, espacios comúns,…) en horario de 16:15-17:15, salvo a biblioteca, para o que se consultará o horario co centro. Tampouco poderán acceder ás aulas nas que se estea a impartir unha actividade extraescolar os familiares d@s nen@s; tampouco ao pavillón.

9º Está prohibida a entrada no recinto escolar de calquer medio de transporte (coches, motos e bicicletas) salvo persoal autorizado, tanto pola propia seguridade dos nen@s como conservación do centro.






No hay comentarios: