Teléfonos do Colexio:
- 886 11 02 81. Información, avisos comedor (de 9:00 a 9:30 horas). Conserxería.
- 886 11 02 78. Secretaria (luns a xoves de 9:30 - 10:30, venres de 11:10 - 12:00).
Entrada principal colexio |
@s titor@s dispoñen dos martes, en horario de 16:30 a 17:30 da tarde, para atención ás familias, previa solicitude de entrevista.
As familias deben ter actualizados, no colexio, os seguintes datos: dirección postal e teléfonos de contacto (se o teléfono de contacto é un móbil, este deberá estar sempre dispoñible).
Cando toque o timbre para o comezo das clases, as familias deben abandonar o recinto escolar.
Durante o horario lectivo non está permitido o acceso ás aulas de ningún familiar d@s alumn@s, co fin de preservar a intimidade d@s nen@s .
Ao alumnado que chegue tarde de xeito ocasional deberá incorporalo á aula o conxerxe ou calquera mestre que estea dispoñible nese intre.
No caso de ter que saír antes do remate da
xornada lectiva, deben cubrir unha xustificación que se atopa na
secretaría do Centro.
Obxectos perdidos:
Para poder identificar de xeito doado tódalas prendas de roupa ou obxectos que se atopen no colexio, é recomendable que estean debidamente marcados co nome e apelidos d@ alumn@.
No colexio conservaranse as prendas non identificadas ata o remate de cada trimestre.
Aparcamento do Colexio:
Está phohibido o acceso ao recinto escolar agás o persoal autorizado: mestres e persoal da administración e servizos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario